Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.856

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO.

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do día 31 de marzo de 1995, acordou nomear por un período de catro anos a José Manuel González Gómez, xuíz de paz substituto de Outeiro de Rei (Lugo), concello desta Comunidade Autónoma; nomeamento que se fai entre os participantes no concurso que, para cubri-la dita praza, convocou esta sala de goberno ultimamente tendo en conta que o Concello de Outeiro de Rei, no seu día, non elixiu persoa ningunha para o dito cargo.

Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de alzada dentro dos 15 días seguintes á publicación deste edicto ante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

O xuíz de paz nomeado deberá prestar xuramento ou promesa na forma que establece o artigo 101.5º da Lei orgánica do poder xudicial perante o xuíz de primeira instancia e instrucción respectivo no prazo de 10 días a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de 3 días tomará posesión no Xulgado de Paz para o que sexa nomeado, ante quen se achar exercendo a xurisdicción.

Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese.

A Coruña, 3 de abril de 1995.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala de Goberno do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia