Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.856

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMUNIDADE DE MADRID

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Transportes, pola que se procede á publicación da resolución en materia de transportes que se cita. (Expediente 11-BD-05373.1/1994).

Por non ser posible practicar no domicilio do seu destinatario a notificación que se relaciona no anexo, procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para efectos do disposto no artigo 59.4º da Lei de procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27).

Contra o dito acto, que non esgota a vía administrativa, cabe interpoñer escrito de alegacións, presentando ou propoñendo as probas que xulgue oportunas no prazo de 15 días contados a partir da publicación da presente resolución.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Madrid, 24 de marzo de 1995.

Francisco Peyró Díaz

Secretario xeral técnico da Consellería de Transportes

ANEXO

-Denunciado: Algatel, S.L.-Último domicilio coñecido: Rosalía de Castro, 131, 15300 Betanzos (A Coruña).-Infracción: non leva-la tarxeta visible (TPM).-Preceptos infrinxidos: artigo 142 b) da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 31).

Artigo 198 b) do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, do Regulamento de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 31).-Expediente: 11-BD-05373.1/1994.-Data da denuncia: 28-6-1994.-Precepto sancionador: artigo 143 da Lei 16/1987 e 201 do Real decreto 1211/1990.-Sancionable por: 5.000 pesetas.