Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

Por decreto do Consello da Xunta de Galicia 114/1995, do 20 de abril, declarouse a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de expropiación para o parque infantil nas rúas de Touro, Teo e Arzúa.

En cumprimento do disposto no artigo 52.2º da Lei de expropiación forzosa, o Concello de Santiago de Compostela convoca os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, data e hora que se detallan, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación.

Lugar: nos propios predios.

Día: 2 de xuño de 1995.

Hora: das 10 ás 11 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los propietarios afectados, persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, aportando os documentos acreditativos da titularidade dos bens e documento nacional de identidade, podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o coidan oportuno, dos seus peritos e notario.

Relación de titulares de bens ou dereitos afectados:

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1995.

P.D.

Pedro Antonio Fernández Fernández

Concelleiro delegado de Urbanismo