Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.854

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMUNIDADE AUTÓNOMA DA REXIÓN DE MURCIA

NOTIFICACIÓN de resolución.

Pola presente notificación poño en coñecemento de Transportes J.R. Pérez, S.L., que en virtude do expediente nº 3338/1994, resolto pola Dirección Xeral de Transportes e Portos, se lle impón unha sanción de 40.000 pesetas polos seguintes feitos:

Feitos: circular facendo uso o conductor dun discodiagrama por tempo superior a 24 horas producindo superposición nos rexistros de velocidade e espacio percorrido, non podéndose efectuar unha correcta lectura do dito disco.

Norma infrinxida: Art. 142 N), Lei 16/1987, 30 VII 199 L) Real decreto 1.211/1990, 28-IX Regulamento 3821/1985 CEE.

Precepto sancionador: Art. 143 Lei 16/1987. 39-VII.

Natureza da sanción: leve.

E para que conste e lle sirva de notificación legal nos termos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó resultar descoñecido no seu domicilio Campos, 46-3º Esq., 27002 Lugo, insírese a presente notificación no Diario Oficial de Galicia facéndolle saber ó interesado o dereito que o asiste de interpoñer recurso ordinario no prazo de un mes, a partir do seguinte á presente publicación, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Medio Ambiente, nos termos dos artigos 122 e seguintes da Lei de procedemento administrativo.

Vicente Reche Capel

Director xeral de Transportes e Portos da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Medio Ambiente