Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO do expediente para a adopción de escudo e bandeira municipais.

O Pleno do Concello, na sesión do 30 de marzo de 1995, aprobou a proposta para a adopción do escudo e da bandeira municipais.

En consecuencia, e segundo o previsto no decreto da Xunta de Galicia número 258/1992, do 10 de setembro, sométese a información pública o expediente, que poderá examinarse durante o prazo dun mes contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. De non se producir reclamacións, o devandito acordo entenderase definitivamente adoptado.

Nigrán, 3 de abril de 1995.

Avelino Fernández Alonso

Alcalde