Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión do día 31 de marzo de 1995, o estudio de detalle promovido pola Urbanización Mira, S.L., redactado polo arquitecto Álvaro Fernández Carballada, para a ordenación volumétrica definitiva e o establecemento de alineacións dentro dos parámetros da normativa deste concello da parcela denominada Montillóns, propiedade do solicitante e irmáns, que está situada entre a Avda. Cesáreo Pondal e a praia de Laxe, sendo os seus lindes: norte, praia de Laxe; sur, Avda. Cesáreo Pondal; leste, predio do Concello de Laxe e parte de José Rodríguez Labrador, e oeste, predio do Concello de Laxe, e que constitúe unha unidade de actuación, recollida nas N.S.P.M. deste concello co número 1; exponse ó público o expediente durante o prazo de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio no diario La Voz de Galicia, no Diario Oficial de Galicia ou no BOP e no taboleiro de anuncios da corporación.

Durante o devandito prazo poderase examina-lo expediente por calquera que o desexe para formula-las alegacións ou observacións que considere pertinentes.

Así mesmo, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación, edificación e demolición no ámbito territorial comprendido na unidade de actuación nº 1 das N.S.P.M.

A suspensión terá unha duración máxima de un ano e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do estudio de detalle.

Laxe, 3 de abril de 1995.

Antonio Castro Lema

Alcalde-presidente