Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello de data 24 de setembro de 1994 o plan parcial de ordenación do predio Gatañal (Saur-4) de conformidade co establecido no artigo 116 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, sométese ó trámite de exposición pública e formulación de alegacións durante o prazo de 1 mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación derradeira do presente anuncio no DOG, BOP, prensa e taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

A documentación atópase na oficina técnica municipal para o seu exame e información.

Cangas, 3 de maio de 1995.

José Manuel Chapela Seijo

Alcalde-presidente