Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1995 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro local do sito no polígono industrial Ensenada da Gándara, número 35 de Ferrol, para almacén de atención primaria de Ferrol.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55.2º do seu regulamento e á vista das competencias que teño atribuídas segundo o Decreto 199/1994, do 16 de xuño,

RESOLVO:

Facer público que polas necesidades do servicio ou función que se vai satisfacer no local, xustifícase, logo de fiscalización da intervención delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito no polígono industrial Ensenada da Gándara, número 35 de Ferrol, para almacén de atención primaria de Ferrol.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1995.

P.D. (Orde 15-9-1994)

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais