Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da concentración parcelaria de Doniz-San Miguel de Espiño (Cartelle-Ourense).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Doniz-San Miguel de Espiño (Cartelle-Ourense) declarada de utilidade pública e interese social a urxente execución da zona polo decreto da Xunta de Galicia nº 188/1993, do 29 de xullo (Diario Oficial de Galicia nº 156, do 16 de agosto de 1993) que a xunta local da zona, na súa reunión do 16 de marzo de 1995, aprobou as bases definitivas da concentración, que estarán expostas ó público nos locais do Concello de Cartelle e nos locais de costume das parroquias afectadas, durante o prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no BOP, de conformidade co que determina o artigo 36 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Os documentos que se poden examinar nos locais sinalados, refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e exclusión e relación destas), a clasificación de terras e fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases poden os interesados interpoñe-lo recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro do prazo de trinta días sinalados, neste Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (rúa Curros Enríquez, 1-6º, Ourense) ou nas oficinas centrais da consellería (edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela), así como en calquera das dependencias a que se refire o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo. Para este efecto deberán expresar no escrito, no que se promova a reclamación, un domicilio dentro do termo municipal de que se trate

e, se é o, caso, a persoa residente nel a quen teñan que facerse as notificacións.

Ourense, 16 de marzo de 1995.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras

e Desenvolvemento Rural de Ourense