Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1995 pola que se notifica a resolución do recurso ordinario interposto por Manuela Barral Pérez, de Areas-Adragonte-Paderne (A Coruña), no expediente sancionador número MP-50/1993 (Montes-A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Manuela Barral Pérez a desestimación do recurso ordinario interposto por el contra a resolución da Dirección Xeral

de Montes e Medio Ambiente Natural confirmando a dita resolución en tódolos seus termos.

Contra a presente resolución só cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes