Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 4 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se sinala a data para os pagamentos do prezo xusto da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52457).

Fáiselles saber a tódolos propietarios dos predios contidos no expediente de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, sobre bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 66 kV, desde a subestación de Portodemouros á de Melide (A Coruña) e Palas (Vila de Cruces-Pontevedra), no seu percorrido polos concellos de Arzúa, Santiso e Melide, do que é beneficiaria a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña, que o día 8 de xuño de 1995 se procederá nas casas consistoriais de Arzúa ás 10 horas, de Melide ás 11.30 horas e de Santiso ás 13 horas, ós pagamentos do prezo xusto conforme as indemnizacións acordadas polo Xurado Provincial de Expropiación.

Os pagamentos correspondentes cos predios e interesados contidos nas listas que se remiten ós citados concellos e verificaranse de conformidade cos artigos 48, 49 e 50 da Lei de expropiación forzosa do 26 de decembro de 1954, e 48, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

A Coruña, 4 de abril de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña