Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución da sociedade agraria de transformación denominada Vila.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación da sociedade agraria de transformación que se cita, constituída conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia.

Sociedade agraria de transformación Vila, S.A.T. nº 905 XUGA de responsabilidade limitada, domiciliada en Cardexía-Filgueira-Lalín (Pontevedra); obxecto social: producción gandeira; capital social: 1.500.000 pesetas; nº de socios: 3.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes