Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.849

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (27/1994).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, fago saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de proceso civil de cognición co número 27/1994 por instancia de Circuitos Tornado Galicia, S.A., representada pola procuradora Fernández Rial López contra Gescoinsa, S.L., de quen se descoñece o seu domicilio, dictándose no día da data providencia acordando o emprazamento do referido demandado por termo de nove días para comparecer en autos, asistido de letrado, baixo apercibimento de que, se non o verifica, será declarada en rebeldía dándose por contestada a demanda e seguindo o xuízo o seu curso.

E para que sirva de emprazamento en forma e publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG, expido o presente edicto que é dado en Santiago de Compostela o vintedous de setembro de mil novecentos noventa e catro.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA