Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.849

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUISITORIA (344/1994).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de xuízo de faltas número 344/1994 se dictou a requisitoria do teor seguinte:

«Pola presente requisitoria e no xuízo de faltas número 344/1994, seguido neste xulgado sobre danos intencionados, requírese e cítase a Adelia de Jesús Costinha Martíns, natural de Portugal, nacido o 28 de xaneiro de 1961, fillo de Antonio e de María, con último domicilio coñecido Albergue de San Francisco de Santiago de Compostela, para que no prazo de dez días contados a partir do seguinte a aquel no que esta requisitoria apareza publicada no Diario Oficial de Galicia, compareza perante este xulgado co obxecto de cumpri-las penas impostas en sentencia firme dictada nos autos antes indicados do 31 de xaneiro de 1995, con pena de dous días de arresto menor e a que indemnice solidariamente con Antonio Ferreiro Gomes a Valentín Álvarez Belmonte en 15.870 ptas.

Ordénase e encárgase a tódalas autoridades e ós funcionarios da policía xudicial que tan pronto como teñan coñecemento do paradoiro do referido penado, procedan á súa presentación perante o organismo xudicial correspondente.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 1995. A maxistrada-xuíza. Asdo. Leonor Castro Calvo».

E para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de citación e requirimento ó penado Adelia de Jesús Costinha Martíns, expido a presente requisitoria en Santiago de Compostela o catro de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA