Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.848

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (319/1994).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, dou fe de que nos autos de que se fará mención se dictou a sentencia que ten o seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«Santiago de Compostela, trinta e un de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade pronunciou a seguinte sentencia.

No xuízo de faltas número 319/1994, dimanante do procedemento seguido por ameazas, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, María Esther Barreiro Cebey (denunciante), con domicilio en Insua-Luou-Teo; Mario Mella Rey (denunciado), con paradoiro descoñecido, resolvo que debo condenar e condeno a Mario Mella Rey, como autor dunha falta do artigo 585.3º do Código Penal con pena de tres días de arresto menor.

Así por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña,

no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría a disposición das partes (o recurso formalizarase e tramitarase conforme os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal), e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

De conformidade co disposto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial do 1 de xullo de 1985, contra e presente resolución poderán as partes interpoñer recurso de apelación, perante este xulgado de instrucción, dentro de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a María Esther Barreiro Cebey, expido e asino a presente cédula, en Santiago de Compostela o seis de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado