Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.848

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (324/1994).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, dou fe de que nos autos dos que se fará mención se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«En Santiago de Compostela, dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco, en nome de El-Rei, Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia,

No xuízo de faltas número 324/1994, dimanante do procedemento seguido por agresión e desordes, no que foron parte ademais do Ministerio Fiscal, Francisco Javier Ruiz Díaz, con paradoiro desco

ñecido; Juan Carlos Estors Costas, con domicilio na rúa Camiño dos Pasais, número 3-2º dereita, Vigo.

Decido que debo condenar e condeno a Francisco Javier Ruiz Díaz como autor dunha falta do artigo 582 do Código Penal á pena de quince días de arresto menor, pagamento de custas e indemnice a Juan Estors en 5.000 ptas. por lesións.

Así, por esta miña sentencia, que será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán intepor recurso de apelación ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría ó dispor das partes (o recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal), e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioa, mándoa e asínoa».

De conformidade co disposto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial do 1 de xullo de 1985, contra a presente resolución poderán as partes interpor recurso de apelación, perante o xulgado de instrucción, dentro de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría.

Para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación a Francisco Javier Ruiz Díaz, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de marzo de mil novecientos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado