Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.847

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (250/1994).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de cognición número 250/1994, que no seu encabezamento e parte dispositiva di literalmente:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o dezanove de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco. Salvador P. Sanz Crego, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de cognición, sobre reclamación de cantidade, seguidos neste xulgado baixo o número 250 de 1994, por instancia

de José Manuel Felpeto Pardo, maior de idade, con domicilio en Ferrol, Avda. de Vigo, número 201, portal E-6*C, representado pola procuradora Losada Gómez e asistido do letrado Martín Gómez, contra Gerardo Ballón de Balug, maior de idade, con domicilio para efectos de notificación na rúa A Estrada, número 70, de Santiago de Compostela, e contra Iniciativas para el Desarrollo Tecnológico, S.L., con domicilio na rúa A Estrada, número 70, Santiago de Compostela, declarados os dous en situación procesual de rebeldía.

Decido que estimando integramente a demanda interposta pola representación de José Manuel Felpeto Pardo, contra Gerardo Ballón de Balug e a entidade Iniciativas para el Desarrollo Tecnológico, S.L., debo condenar e condeno os mencionados demandados a pagarlle ó demandante a cantidade de 110.676 pesetas, maila de 1.368 pesetas en concepto de gastos, e os xuros legais daquela suma devengados desde a interposición da demanda, con imposición ós mesmos das custas causadas.

Advírtanse as partes de que esta sentencia non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días, que se interporá por este escrito, neste xulgado perante a audiencia provincial».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe. E para que conste e sirva de notificación en forma á parte demandada, en situación procesual de rebeldía, Gerardo Ballón de Balug e a entidade Iniciativas para el Desarrollo Tecnológico, S.L., con último domicilio coñecido na rúa A Estrada, número 70, de Santiago de Compostela, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vinte de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA