Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.849

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (92/1991).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de menor contía que se segue neste xulgado co número 92/1991, se dictou a sentencia con encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela, doce de decembro de mil novecentos noventa e catro, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento de menor contía seguido neste xulgado co número 92/1991, no que actuaron como demandante a comunidade de propietarios da casa sinalada cos números 10-12 da Costa do Vedor de Santiago de Compostela e José Antonio Caneda Lista, maior de idade e veciño de Santiago de Compostela, representado polo procurador dos tribunais Óscar García Piccoli e asistido polo letrado José Lorenzo Vázquez, e como demandada Carmen Montaña Neira, maior de idade e veciña de Touro, representada pola procuradora María de los Angeles Regueiro Muñoz e asistida polo letrado José Santiago Pérez e contra os herdeiros de Manuel Sánchez Toubes, declarados rebeldes nas presentes actuacións, sobre obras e outros extremos.

Decido que, estimando, a demanda presentada, debo declarar e declaro que a construcción detallada no segundo parágrafo do punto b do informe pericial unido ás actuacións está levantada en parte sobre unha franxa de terreo común do edificio e condénase a demandada Carmen Montaña Neira e os herdeiros de Manuel Sánchez Toubes a demole-la citada construcción na parte que ocupe a franxa de terreo común sinalada no informe pericial que consta nas actuacións e a deixala libre e expedita, con imposición das custas ós demandados.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

Para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde, herdeiros de Manuel Sánchez Toubes, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vinteún de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA