Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.846

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1995 pola que se fai pública a adxudicación de postos de traballo provistos por libre designación.

Convocado concurso de méritos por Resolución do 1 de febreiro de 1995 (BOE do 1 de marzo) para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de vicesecretario xeral da Universidade da Coruña.

Este rectorado, en uso das atribucións que lle confire o artigo 65 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 253/1992, do 10 de setembro (BOE do 29 de outubro), resolve facer pública a adxudicación do referido posto ó funcionario do que a continuación se indican os seus datos:

Apelidos/Nome: Cabrera Sánchez, Víctor Manuel

Número de rexistro persoal: 1004047324 A2060

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso perante a xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución, de acordo co previsto no artigo 58 de la Lei reguladora da dita xurisdicción.

A Coruña, 19 de abril de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña