Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.844

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1995, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala básica de vixilancia pesqueira (grupo D), convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de febreiro de 1994, pola que se acorda a publicación da proposta de relación de aspirantes que superaron as devanditas probas selectivas.

En sesión celebrada o día 26 de abril de 1995 polo tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de auxiliares técnicos

da Xunta de Galicia, escala básica de vixilancia pesqueira (grupo D) (DOG nº 44 do 4 de marzo de 1994), acordouse, de conformidade co disposto nas bases II.2.4.; III.14 e IV.1 da dita convocatoria, publica-las propostas dos aspirantes que superaron, por orde de puntuación, as devanditas probas.

Así mesmo, como dispón a mencionada base IV.1, acordouse que o tribunal lle eleve as ditas puntuacións ó director xeral da Función Pública.

A orde de puntuacións dos aspirantes establécese de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal como dispón a base II.2.4 da convocatoria, e é a que figura no anexo que se achega á presente resolución.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1995.

A. Alejandro Alonso Pantoja

Presidente do tribunal