Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.846

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1995 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario de administración e servicios, convocado por Resolución do 29 de decembro de 1994.

Consonte o disposto na base 4 da resolución rectoral do 29 de decembro de 1994, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso de libre designación entre funcionarios para a provisión de postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de instancias e á vista das solicitudes presentadas e logo do informe da xerencia,

Este rectorado, en uso das competencias que lle recoñece o artigo 18 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la adxudicación dos postos de traballo contidos no anexo desta resolución.

Segundo.-Os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o interesado, neste caso, a comunicarllo ó Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de tres días.

Terceiro.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se o funcionario radica na mesma localidade, ou de un mes se radica en localidade distinta. O prazo de toma de posesión empezará a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, a contar desde a publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1995.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Posto de traballo: Secretaría de Dirección para a Secretaría Particular do Rectorado.

Nivel: 20

Grupo: C/D

Apelidos e nome: Palazuelos Gómez, Mª Rosario.

D.N.I.: 13.722.472

Posto de traballo: Secretaría de Dirección para a Secretaría Particular do Rectorado.

Nivel: 18

Grupo: C/D

Apelidos e nome: Mundiña Jaime, Ana Mª.

D.N.I.: 32.423.059

Posto de traballo: Secretaría de Dirección para a Secretaría Particular do Rectorado. Quenda de tarde.

Nivel: 18

Grupo: C/D

Apelidos e nome: Souto Lorenzo, Mª Jesús.

D.N.I.: 32.608.645

Posto de traballo: Secretaría de Dirección para o Vicerrectorado de Relacións Exteriores e Proxección Universitaria.

Nivel: 18

Grupo: C/D

Apelidos e nome: Iglesias Saco, Mª Elena.

D.N.I.: 50.054.181

Posto de traballo: Secretaría de Dirección para o Vicerrectorado de Profesorado.

Nivel: 18

Grupo: C/D

Apelidos e nome: Villegas Ramos, Silvia.

D.N.I.: 33.278.181

Posto de traballo: Secretaría de Dirección para o Vicerrectorado de Extensión Cultural e Servicios á Comunidade Universitaria.

Nivel: 18

Grupo: C/D

Apelidos e nome: De las Cuevas Villar, Mercedes.

D.N.I.: 34.573.358

Posto de traballo: Secretaría de Dirección para o Vicerrectorado de Coordinación do Campus de Lugo.

Nivel: 18

Grupo: C/D

Apelidos e nome: Taboada Fontao, Olga.

D.N.I.: 33.305.245