Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia, a licitación, polo sistema de contratación directa, para a adquisición de vestiario para a Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto do contrato: adquisición de vestiario para a Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, por un importe de 2.254.982 pesetas (IVE incluido).

Prazo de execución: 15 días a partir da sinatura do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas e demais documentación complementaria estarán á disposición dos interesados de luns a venres, de 9 ás 14 horas, na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 45 17.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relación Laborais, no prazo de dez días naturais, contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas no prazo hábil terá lugar en acto público,

na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, ás 13 horas do día 6 de xullo de 1995.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais