Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia unha adxudicación de contratación directa de obra polo trámite de urxencia.

De conformidade co disposto no artigo 119 do Regulamento xeral de contratos do Estado, faise pública a adxudicación da obra de acondicionamento de campamento para acampada e outras melloras no albergue xuvenil Penedos de Xacinto - Entrimo (Ourense), á empresa A. y R. Gómez Crespo S.L. por un importe de nove millóns cincocentas setenta e tres mil trescentas once pesetas (9.573.311) e un prazo de execución de dous meses e medio.

Ourense, 9 de maio de 1995.

Isidro J. Cabero Juárez

Delegado provincial de Ourense