Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional do Colectivo de Herbodietéticas de Galicia.

En cumprimento, do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional do Colectivo de Herbodietéticas de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á asociación tódalas persoas físicas e xurídicas debidamente representadas, titulares de establecementos de herbodietética, pertencentes á Comunidade Autónoma galega.

Asinan a acta de constitución: Mª Teresa Lage Otero e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais