Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 5 de abril de 1995, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública a notificación da resolución do recurso de reposición no expediente sancionador C-0771/91.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que se relaciona a continuación a resolución de recurso de reposición en expediente sancionador, por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

O dito interesado dispón dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-lo expediente na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña (Ramón y Cajal, 1-Casa del Mar, 5ª planta) e presenta-lo recurso correspondente.

Nº de expediente: C-0771/91.

Denunciado: José Domínguez Caneda.

Enderezo: Lugar de Rons-O Grove-Pontevedra.

Precepto infrinxido: artigo 6.9º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cincuenta mil pesetas (50.000).

Resolución do recurso de reposición: desestimatoria confirmando a sanción.

A Coruña, 5 de abril de 1995.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS