A Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, en cumprimento do disposto no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento, resolveu publica-las adxudicacións dos contratos de obras e subministracións acordadas polo conselleiro, correspondentes ás contratacións directas acordadas por esta consellería, segundo as referencias que a continuación se expresan:
-Contratación directa anunciada na prensa o 8/7/1994.
-Amoblamento de bibliotecas públicas na provincia de Pontevedra (Ponteareas), Areas (Ponteareas), Monteporreiro (Pontevedra) e Rivadumia.
Empresa adxudicataria: Ekipo, S. Coop. Ltda.
-Contratación directa anunciada na prensa o 8/7/1994.
-Amoblamento de bibliotecas públicas nas provincias da Coruña (Ortigueira) e Lugo (Fingoi).
Empresa adxudicataria: Ekipo, S. Coop. Ltda.
-Contratación directa anunciada na prensa o 20/9/1994.
-Obra do proxecto básico e de execución da restauración de cubertas, fachadas e carpintería exterior no convento das MM. Mercedarias en Santiago de Compostela.
Empresa adxudicataria: Extraco, S.A.
-Obra do proxecto básico e de execución da rehabilitación parcial no convento do Carme en Santiago de Compostela.
Empresa adxudicataria: Construcciones La Barca, S.L.
-Obra proxecto básico e de execución da restauración urxente do mosteiro de Belbís (adro e igrexa) en Santiago de Compostela.
Empresa adxudicataria: Neor, S.A.
-Contratación directa anunciada na prensa o 9/11/1994.
-Subministración dun sistema de estanterías tipo compacto para o arquivo histórico de Pontevedra.
Empresa adxudicataria: Tecam Oficinas, S.A.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1995.
Rubén Víctor Lois Calviño
Secretario xeral da Consellería de Cultura