Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 15 de marzo de 1995, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fai pública, para efectos de notificación, a resolución do expediente sancionador LU-099/1994, incoado contra José Javier Valle Puente.

De conformidade co previsto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), notifícaselle á persoa que se relaciona a continuación a resolución do expediente sancionador que foi incoado por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro de 1991).

O dito interesado dispón dun prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación, para poder examina-lo expediente na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Lugo, sita en Celeiro-Viveiro, Avda. de Ramón Canosa, s/n, e presenta-lo recurso ordinario dentro do mesmo prazo, perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro de 1992).

Nº de expediente: LU-099/1994.

Denunciado: José Javier Valle Puente.

DNI: 33.309.575.

Enderezo: Aguasantas, 6. Rúa-Cervo (Lugo).

Precepto infrinxido: artigo 5.3º.

Sanción: cinco mil (5.000) pesetas.

Celeiro-Viveiro, 15 de marzo de 1995.

A. Alejandro Alonso Pantoja

Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)