Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a convocatoria de poxa para o alleamento das madeiras que se citan.

Por esta resolución, convócase a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan no anexo, e de acordo co disposto nas ordes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 8 de xullo de 1989 (DOG do 21 de xullo), e do 15 de marzo de 1990 (DOG do 23 de marzo).

A súa celebración terá lugar no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo sita na Ronda da Muralla, 197, desa cidade.

Para estas poxas rexerán as ordes antes citadas e mailos de condicións técnico-administrativas xerais e particulares destas, que figuran no expediente correspondente no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Lugo, onde poderán ser examinados polos interesados a partir do día da publicación no DOG da presente resolución.

As ofertas poderanse presentar durante os vinte días hábiles seguintes ó da publicación no DOG da presente resolución no rexistro da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e en calquera das formas legalmente establecidas.

A apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación, que se reunirá ás once horas do noveno día hábil, que non cadre en sábado, contado a partir do termo do prazo de presentación das ofertas.

Cada licitador presentará os sobres cerrados para cada oferta. O sobre A coa documentación administrativa e o sobre B coa oferta económica.

O sobre A que contén a documentación administrativa poderá ser único para tódalas poxas que se celebren ante a mesa e na mesma sesión.

Deberá conte-la seguinte documentación:

1. Acreditación da personalidade do licitador.

2. Os resgardos acreditativos de que están constituídas as fianzas provisionais, 2% do prezo de taxación, de acordo co disposto no artigo 340 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

3. Declaración responsable de reunir todos e cada un dos requisitos esixidos no artigo 9 da Lei de contratos do Estado sobre capacidade para contratar coa Administración.

4. Os que acrediten a clasificación empresarial do licitador.

O sobre B recollerá a proposición económica e presentarase no modelo normalizado que se encontra a disposición dos interesados no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Lugo. A oferta para cada un dos lotes deberá figurar nun sobre B individual.

O adxudicatario constituirá a fianza do 4% do prezo de adxudicación dentro dos vinte días seguintes ó da data na que oficialmente se lle comunique que a adxudicación é definitiva.

Dentro do mesmo prazo deberá aboar:

1. O importe total do remate, ou o importe do primeiro prazo, segundo se indique no prego de condicións particulares de cada poxa.

2. O importe das taxas.

3. Os gastos proporcionais deste anuncio.

4. Os demais que se establezan nos pregos particulares do aproveitamento.

O adxudicatario deberá aboar, amais das cantidades expresadas no anuncio, un 4% sobre o importe da adxudicación en concepto de IVE.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería

e Montes