Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública. (Expediente número 3750 A.T. Expropiación número 145).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a instancia da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio na Coruña, r/ Fernando Macías, 2, solicitando a declaración de necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica sobre bens e dereitos que se afectan segundo dispón o parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. Descríbense na relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amigable, para a execución das instalacións seguintes:

Liña eléctrica a 66 kV Palas-Friol, que afecta os termos municipais de Palas de Rei e Friol.

Para os efectos do disposto no número 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da publicación desta resolución, que terá lugar no BOP e máis no xornal El Progreso, así como no Diario Oficial de Galicia, e os interesados en igual prazo, ós que se lles efectúa notificación individual, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do aludido regulamento. Para este efecto estarán expostos os expedientes cos planos de situación e parcelarios das instalacións nesta dependencia, sita en Lugo, r/ Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.

En todo caso, os propietarios afectados poderán reclamar a través desta delegación que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 27 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo