Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.812

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 10 de maio de 1995, do tribunal que xulga as probas selectivas, para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, polo que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o terceiro exercicio da fase de oposición e o lugar, a data e a hora de celebración do cuarto exercicio.

Primeiro.-As listas de aspirantes aprobados no terceiro exercicio están expostas nos taboleiros de anuncios das consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública e nas súas respectivas delegacións. Así mesmo, publicaranse nos taboleiros de anuncios da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela e poderán consultarse a través do teléfono (902) 12 00 12 de atención e información ó cidadán.

Segundo.-O cuarto exercicio celebrarase a partir do día 5 de xuño na Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, s/n, Santiago de Compostela, sendo convocados os aspirantes da forma seguinte:

-Promoción interna: o día 5 de xuño ás 10 horas, comezando o chamamento pola letra «T», tal e como dispón a base II.2.1 da Orde do 26 de novembro de 1993, pola que se convocan as probas selectivas.

-Quenda libre: o día 6 de xuño ás 8 horas, comezando, igualmente, pola letra «T».

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1995.

María Casais Mira

Presidenta do tribunal