Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.812

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1995 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería mecánica, do departamento de Construccións Navais, a Eduardo Bayo Pérez.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulgalo concurso, convocado por resolución desta universidade, do 1 de xuño de 1994 (BOE do 29 de xuño) para a provisión da praza número 94/027 de catedrático de universidade da área de coñecemento enxeñería mecánica, do departamento de Construccións Navais desta universidade, a favor de Eduardo Bayo Pérez, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Eduardo Bayo Pérez catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería mecánica, do departamento de Construccións Navais desta universidade.

A Coruña, 25 de abril de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña