Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 1995 Páx. 3.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, para a elaboración do proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Bustelo-Casasoá (Xunqueira de Ambía-Ourense) AC-1867, ES/OUR-95.11 e outro.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, conforme ó que se determina no Decreto 1005/1974, do 4 de abril, no Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias en materia de contratación administrativa nos delegados provinciais das consellerías da Xunta de Galicia, e demais disposicións concordantes, convoca o seguinte concurso:

Obxecto: a execución dos servicios detallados na relación adxunta e pertencentes ós expedientes que se citan, conforme o que se sinala nos respectivos proxectos e pregos aprobados.

Orzamento: o sinalado para cada servicio segundo a relación adxunta.

Prazo de execución: o sinalado para cada servicio técnico na relación adxunta, sendo a data prevista para o comezo a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares así como o correspondente proxecto de cada un dos servicios técnicos que se relacionan estarán a disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial de Ourense, Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sita na rúa do Progreso, 161-entreplanta.

Garantía provisional: a sinalada para cada servicio técnico en cada prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación esixida ós contratistas: a sinalada para cada servicio técnico na relación adxunta.

Modelo de proposicións: as proposicións económicas formularanse estrictamente conforme o modelo que figura nos respectivos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobre pechado, no rexistro da Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, ou conforme ó que se determina no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, dentro do prazo de admisión determinado, que rematará ás doce horas do vixésimo día hábil (que non cadre en sábado) seguinte ó da publicación deste anuncio.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, que se reunirá na Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

de Ourense, ás once horas do noveno día hábil que non cadre en sábado contado a partir do último día do prazo para presenta-las proposicións.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares respectivo.

Relación de expedientes.

-Proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Bustelo-Casasoá (Xunqueira de Ambía-Ourense), AC-1867, ES/OUR-95.11.

Orzamento: 20.104.429 ptas.

Prazo execución: doce (12) meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 4, categoría A.

-Proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Xironda-Pedrosa (Cualedro-Ourense), AC-1842, ES/OUR-95.12.

Orzamento: 16.844.699 ptas.

Prazo execución: doce (12) meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 4, categoría A.

Ourense, 6 de abril de 1995.

Manuel Prado López

Delegado provincial de Ourense