Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 1995 Páx. 3.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, da subministración de 12 sementais bovinos de raza frisona, en tres lotes de 4 animais cada un.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso:

Obxecto: contratación da subministración por concurso público consistente na adquisición de doce sementais bovinos de raza frisona e liña Holstein, divididos en tres lotes de 4 animais cada un, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: trinta e nove millóns de pesetas (39.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: duascentas sesenta mil pesetas por cada lote ó que se licite (260.000 ptas.).

Fianza definitiva: cincocentas vinte mil pesetas por cada lote adxudicado (520.000 ptas.).

Exposición dos pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares así como o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu examen durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Direc

ción Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias (edificio administrativo, s/n, San Caetano, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificio administrativo, s/n, San Caetano, Santiago de Compostela), o en calquera das vías admitidas pola vixente Lei de procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 20 de xuño de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público nos locais da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ás 12 horas do día 26 de xuño de 1995.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes