Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 1995 Páx. 3.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1994, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente número 286 que afecta o monte San Mamede, dos lugares de Vadebois, Parada, Vilar, Cornido, Fetós, O Viso, Cruces, Piñeiros, Peralvar, Canedo, Capelán, Rateira Louredo, Castelo e Freán de San Mamede, na parroquia de San Mamede, concello de Carnota.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento de aplicación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, e de conformidade co dis-

posto no artigo 60.1º da Lei 30/19992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión celebrada o 13 de decembro de 1994, adoptou o seguinte acordo:

Reunido na data 13 de decembro de 1994 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a presidencia do delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Rogelio Aramburu Núñez, con asistencia do vicepresidente José Luis Núñez Vide, maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña; os vocais, Federico Sánchez Rodríguez, xefe do Servicio de Montes e I.F. Ramón Olano Calleja, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta de Galicia, Juan Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados da Coruña, José Manuel Caramés Franco, representante das comunidades veciñais de montes en man común e do secretario Manuel Puente Araújo, letrado da citada delegación, para estudiar e resolvelo,

Expediente nº 286

Monte: San Mamede

Lugares: Vadebois, Parada, Vilar, Cornido, Fetós, O Viso, Cruces, Piñeiros, Peralvar, Canedo, Capelán, Rateira, Louredo, Castelo e Freán de San Mamede.

Parroquia: San Mamede

Concello: Carnota.

Resultando que diversos veciños da parroquia de San Mamede, concello de Carnota, solicitaron con data 9-2-1990 deste xurado, a declaración como veciñal do expresado lugar, do monte arriba citado e que ten as seguintes características:

Superficie: 814,84 ha.

Lindeiros: é parte do monte «San Mamede», nº 383 do C.U.P.

Parcela I:

Cunha superficie de 797,49 ha.

Norte: co monte de Cornes do veciño concello de Mazaricos.

Leste: monte de Comes por unha liña que pasa polos piquetes números 1 ó 15 ámbolos dous inclusive. Monte do lugar de Adraño da parroquia de San Mamede polas devasas. Monte do lugar de Cubelo, tamén da parroquia de San Mamede. Monte «Cadaval, Ruña e outros», nº 103-D do CUP da parroquia de Coiro, concello de Mazaricos, por unha liña que pasa polos piquetes 197 ó 205 seguindo a orde de piquetes. Monte «Calvo e outros», nº 110 do CUP da parroquia de Torea do concello de Muros, pola liña que une, seguindo a orde de piquetes, o nº 205 ó 222 e polo alto do «Rego dos Arados», desde o piquete 222 ó 223.

Sur: co monte «Sestaio» polos piquetes números 223, 224 e 225 e, deste último ó nº 230 polo sitio denominado Pedras Negras.

Oeste: co monte «Aguillóns e Vallóns», nº 362 do CUP da parroquia de Santa Columba, e con propiedades particulares dos veciños, pola liña que seguindo a orde de piquetes vai desde o 230 ó 986. Co monte Pindo, nº 368 do CUP pola liña que pasa polos piquetes do 986 ó 1046 e desde ó nº 1.

Parcela II:

Cunha superficie de 17,35 ha.

E unha peza de monte situada ó sur e oeste da anterior, pechada sobre si mesma entre os piquetes 1047 ó 1113 e estremando con propiedades particulares dos veciños.

Resultando que á vista de tal solicitude, o xurado, na súa reunión de 16-9-1992, acordou inicia-lo oportuno expediente nomeándose como instructor del a Ramón Olano Calleja, quen aceptou expresamente o dito cargo. Procedeuse á correspondente tramitación librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Muros, oíndose a tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, expedíndose mandamentos para tal fin dirixidos ó alcalde presidente do Concello de Carnota, ó xefe do Servicio de Montes e I.F. e publicándose edictos no DOG (nº 113 do 16-6-1993), taboleiro de anuncios do concello, cámara local agraria, e lugares de costume.

Resultando que os veciños de San Mamede fundamentan a súa petición perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común no aproveitamento desde tempos inmemoriais de madeiras, esquilmos, leñas, na práctica de cultivos na forma e modo que por costume o fan os labregos e nos aproveitamentos de pastos en réxime extensivo. Así mesmo, tal petición é informada favorablemente polo acordo do Pleno do Concello de Carnota de data 9-6-1994.

Resultando que ante o presente expediente unicamente foi formulada unha alegación pola AA.VV. Xurde Caldebarcos, solicitando o deslinde dos montes que dentro do presente expediente puidesen pertencer á parroquia de Caldebarcos.

Resultando que na tramitación das presentes actuacións se cumpriron as formalidades legais e regulamentarias, esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e ademais disposicións aplicables no caso.

Vistos os precepto das disposicións citadas e demais de xeral aplicación.

Considerando que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer do presente expediente en virtude do disposto nos artigos 9 e 10 da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Considerando que en conformidade co contido do artigo 11 da citada lei e 19 do regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, os veciños

da parroquia de San Mamede, concello de Carnota, son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

Considerando que respecto á reclamación formulada pola AA.VV. Xurde Caldebarcos, unha vez consultados o enxeñeiro de zona, o topógrafo do Servicio de Montes e a Gardería Forestal resulta que o solicitado pola parroquia de Caldebarcos é parte do monte Pindo, nº 383 do CUP, non afectando o San Mamede obxecto do presente expediente.

Considerando que o monte debe reuni-las seguintes características: 1) pertenza a agrupación de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas; 2) que se aproveite consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros; 3) que os veciños comuneiros residan habitualmente con «casa aberta» dentro da área xeográfica sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitou o monte (artigos 1, 2 e 3 da Lei 13/1989 e 1, 2 e 1 3 do Regulamento do 4 de setembro de 1992).

Considerando que das actuacións que constan no expediente, e en especial da comprobación do que se expresa no 3º resultando, se deduce de forma indiscutible que no presente caso nos encontramos cun monte pertencente á comunidade veciñal da parroquia de San Mamede no que se cumpren os aludidos requisitos.

Por iso, este xurado, á vista dos antecedentes e fundamentos de dereito expostos, nesta data, acorda cualificar como monte veciñal en man común da comunidade veciñal dos lugares de Vadebois, Parada, Vilar, Cornido, Fetós, O Viso, Cruces, Piñeiros, Peralvar, Canedo, Capelán, Rateira, Louredo, Castelo e Freán de San Mamede, na parroquia de San Mamede, concello de Carnota, o denominado monte San Mamede, cos lindeiros, superficie e características que figuran no primeiro resultando. Así mesmo acórdase excluí-lo declarado do inventario de bens do concello e do Catálogo dos de Utilidade Pública, se neles estivera inscrito, incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 13 de decembro de 1994.

Manuel Puente Araújo

Secretario

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña