Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 1995 Páx. 3.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO.

A empresa Carburos Metálicos, S.A., co enderezo en A Coruña, solicita a urxente ocupación dos bens e dereitos sitos no concello de Carballo, que se fan necesarios para continua-la explotación da concesión mineira denominada Santa Lucía, nº 6397 (Frac. 1ª) da que son titulares.

E de conformidade co disposto nos artigos 105 e 107 da Lei de minas 22/1973, do 21 de xullo, 131 do seu regulamento, aprobado por Real decreto 2857/1978, de 25 de agosto, 18, 19 e 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, 17, 18 e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, e Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de servicios á Comunidade Autónoma de Galicia, ábrese información pública, durante o prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte día ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, Diario Oficial de Galicia, BOP da Coruña, xornal La Voz de Galicia desta capital e no taboleiro de anuncios do Concello de Carballo.

O que se publica para xeral coñecemento e para que os interesados poidan presenta-las alegacións ou reclamacións que estimen procedentes.

A Coruña, 27 de abril de 1995.

Juan Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de predios afectados

Concello de Carballo

-Nº predio: 1.

Titular e enderezo: Avelino Tato Vázquez, Grupo Francisco Franco, 270, A Coruña.

Lugar: A Brea.

Superficie afectada: 17 a 36 ca.

Clase de terreo: monte toxal.

-Nº predio: 2.

Titular e enderezo: Manuel Tato Vázquez, Ronda de Outeiro, 123-1º A Coruña.

Lugar: A Brea.

Superfice afectada: 17 a 26 ca.

Clase de terreo: ermo.