Esta delegación provincial, en virtude do disposto no Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, e na Orde do 25 e xaneiro de 1995, sobre desconcentración de competencias en materia de contratación de obras, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar por contratación directa as obras que a continuación se citan:
1.-Obras do RAM colexios públicos de EXB da Pontenova e Cospeito.
Orzamento de contrata: 10.612.897 ptas.
Prazo de execución: 2 meses.
Clasificación requirida: non se esixe.
2.-Reposición da cuberta no aulario de educación infantil do C.P. As Mercedes e dobre ventá no C.P. de Albeiros de Lugo.
Orzamento de contrata: 10.507.961 ptas.
Prazo de execución: 2 meses.
Clasificación requirida: non se esixe.
3.-Acondicionamento da instalación da calefacción da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Ramón Falcón de Lugo.
Orzamento de contrata: 4.881.539 ptas.
Prazo de execución: 1 mes.
Clasificación requirida: non se esixe.
4.-Acondicionamento e mellora no centro de F.P. As Mercedes de Lugo.
Orzamento de contratá: 9.609.976 ptas.
Prazo de execución: 2 meses e medio.
Clasificación requirida: non se esixe.
5.-Melloras varias no centro de F.P. A Pinguela de Monforte de Lemos.
Orzamento de contrata: 6.348.648 ptas.
Prazo de execución: 2 meses.
Clasificación requirida: non se esixe.
6.-Acondicionamento e mellora no colexio de EXB de Navia de Suarna.
Orzamento de contrata: 4.720.023 ptas.
Prazo de execución: 1 mes.
Clasificación requirida: non se esixe.
7.-Cubrición da pista polideportiva do colexio público de EXB de Ribadeo.
Orzamento de contrata: 20.876.297 ptas.
Prazo de execución: 7 meses.
Clasificación requirida: grupo C, categoría C.
Exposición de proxectos: os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto no Servicio de Contratación desta delegación provincial, r/ Armando Durán s/n, durante o prazo de presentación de proposicións, das nove ás catorce horas.
Prazo de presentación de proposicións: será o de 10 días hábiles a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
Lugar de presentación de proposicións: presentaranse no rexistro da delegación provincial de Educación, r/ Armando Durán s/n.
Documentación esixida: a especificada nas cláusulas 7.1. e 7.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.
Apertura de proposicións: realizaraa a Mesa de Contratación o día terceiro hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.
O importe deste anuncio correrá a cargo das empresas adxudicatarias.
Lugo, 5 de maio de 1995.
Ángel Fernández López
Delegado provincial de Lugo