Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 1995 Páx. 3.655

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 131/1995, do 20 de abril, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias pertecentes ós concellos de: Cenlle; Riós; Rúa, A; San Cibrao das Viñas; San Cristovo de Cea; San Xoán de Río e Veiga, A.

Advertidos erros no devandito decreto publicado no DOG nº 92, do 15 de maio de 1995, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 3.590, no sumario desta disposición, onde di: «Decreto 131/1995, do 20 de abril, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos de: Cenlle; Riós; Rúa de Valdeorras, A...», debe dicir: «Decreto 131/1995, do 20 de abril, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos de: Cenlle; Riós; Rúa, A ...».

Na mesma páxina, no anexo, na columna nome oficial, onde di: «A RÚA DE VALDEORRAS», debe dicir: «A RÚA».

No concello de San Cibrao das Viñas, onde di: «Santa Cruz da Raveda (Santa Cruz)», debe dicir: «Santa Cruz da Rabeda (Santa Cruz)».

Na páxina 3.591, na columna nome oficial, non concello de San Xoán de Río, onde di: «Cerdeira (Santa, María Madalena)», debe dicir: «Cerdeira (Santa María Madanela)».