Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 1995 Páx. 3.655

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de abril de 1995 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan pertencentes ós concellos de: Cenlle; Riós; Rúa, A; San Cibrao das Viñas; San Cristovo de Cea; San Xoán de Río e Veiga, A.

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 10 que «Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega».

De acordo con este mandato, seguindo o procedemento establecido polo Decreto 132/1984, do 6 de setembro, para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia, e contando co preceptivo dictame da Comisión de Toponimia, emitido na súa sesión plenaria do vinte de marzo de mil novecentos noventa e cinco, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.-Quedan aprobados os nomes oficiais dos topónimos que figuran no anexo desta orde.

Disposición adicional.

Do establecido na presente orde e do seu anexo, daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira.

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública