Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 1995 Páx. 3.655

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 129/1995, do 20 de abril, polo que se modifica parcialmente o Decreto 250/1985, do 14 de novembro, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias que se relacionan.

Advertido erro no devandito decreto publicado no DOG nº 92, do 15 de maio de 1995, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 3.589, no parágrafo segundo onde di: «revisa-lo dictame referido a unha parroquia do concello de Lobeira e a unha parroquia do concello de Maside, publicadas no...», debe dicir: «revisa-lo dictame referido a unha parroquia do concello de Maside, publicada no...».

Na mesma páxina, no segundo parágrafo, do artigo único, onde di: «onde dicía: Santa comba de Treboedo (Santa Comba)...», debe dicir: «onde dicía: Santa Comba de Trevoedo (Santa Comba)...».