Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia o concurso público, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipamento técnico por lotes destinado ós centros de seguridade e hixiene.

Obxecto do contrato: subministración de equipamento técnico, por lotes, destinado ós centros de seguridade e hixiene.

Orzamento de licitación: 5 lotes por un total de sete millóns catrocentas cincuenta mil (7.450.000) pesetas, podéndose licitar por lotes individuais.

Prazo de execución: 15 días a partir da sinatura do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: os pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina, na Subdirección Xeral de Seguridade e Hixiene, sita en San Caetano-planta baixa, Santiago de Compostela, Tfno.: (981) 54 46 25.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ou en calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguin

te ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura das proposicións: as proposicións serán abertas pola Mesa de Contratación ás 11 horas do día 8 de xuño de 1995. O lugar de celebración da devandita mesa será na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os indicados no prego de cláusulas administrativas.

Fianza provisional: será do dous por cento (2%) do importe de licitación, de cada lote.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1995.

(Orde 13-12-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais