Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia o concurso público número 2/1995 para o arrendamento de equipos e programas informáticos.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento: arrendamento de equipos informáticos periféricos, equipos de microinformática e diversos programas, para a súa instalación no complexo hospitalario, por un orzamento total máximo, para oito meses, de trece millóns setecentas trinta e tres mil seiscentas pesetas (13.733.600 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público deberanse entregar de xeito inmediato a partir da data de notificación da adxudicación. O período de vixencia do contrato estenderase desde a súa formalización ata o 31 de decembro de 1995.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Sección de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata ás 14.30 horas no teléfono nº (986) 81 60 28 e fax nº (986) 81 60 65

Fianzas: provisional: un 2% do orzamento de licitación (274.672 ptas., se se licita polo total), que

se constituirá segundo o disposto no artigo 112 da L.C.E. e 340 do seu regulamento.

Presentación de proposicións: as proposicións, asinadas polo licitador ou persoa que o represente, deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 13 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo do xeito indicado no artigo 100 do R.X.C.E.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 18 de abril de 1995.

Juan José Equiza Escuredo

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo