Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se convoca concurso público para contratación dunha asistencia técnica para a campaña de mentalización para a protección dos recursos mariños de Galicia.

Obxecto: campaña de mentalización para a protección dos recursos mariños de Galicia.

Orzamento: cen millóns de pesetas (100.000.000 de ptas.)

Prazo de execución: desde o día seguinte á sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1996.

Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa Sar nº 75, Santiago de Compostela) ou en cualquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

Modelo de proposición económica: axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo e lugar de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión finalizará ás 14 horas do vixésimo día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: en acto público ás dez horas do primeiro día hábil, que non coincida en sábado, no que se cumpran dez días naturais, contados desde a data seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas.

Documentos que deben aporta-los licitadores: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario que deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1995.

Samuel Juárez Casado

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS