Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a contratación directa para o traslado de cento once (111) bateas dos polígonos «F» e «I» de Cambados.

Anúnciase a contratación directa para o traslado de cento once (111 bateas dos polígonos «F» e «I» de Cambados, cun orzamento máximo de sete millóns cincocentas corenta e oito mil pesetas (7.548.000 ptas.). A citada contratación realizarase nos seguintes lotes:

Lote nº 1.-Traslado de 56 viveiros correspondentes ó polígono «Cambados F». O orzamento de licitación dos servicios alcanza un máximo de tres millóns oitocentas oito mil pesetas (3.808.000 ptas.).

Lote nº 2.-Traslado de 55 viveiros, dos que 33 corresponden ó polígono «Cambados F» e 22 ó polí

gono «Cambados I». O orzamento de licitación dos servicios alcanza un máximo de tres millóns setecentas corenta mil pesetas (3.740.000 ptas.).

Prazo de execución: corenta (40) días.

Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados, en días e horas de oficina, nos servicios centrais desta consellería, sita en San Caetano, 5 2º, Santiago de Compostela, así como nas súas delegacións territoriais.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral desta consellería, así como nos rexistros das súas delegacións territoriais. O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, remitiráselle un telegrama á Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, no que se lle comunique a presentación da oferta.

A apertura de plicas terá lugar nas oficinas centrais desta consellería o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas ás dez horas, sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo, que se pasará ó primeiro día hábil seguinte.

O presente anuncio será por conta dos adxudicatarios en relación proporcional á contía dos lotes asignados.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1995.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura