Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, do expediente de servicio técnico denominado: colaboración de servicios técnicos para o levantamento por topografía clásica de planos parcelarios e altimétricos na zona de Baroncelle (Abadín-Lugo). LU/LT-520 e seis máis.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, decidiu licitar, polo sistema de concurso público, os seguintes servicios técnicos:

1.-Denominación do servicio técnico: colaboración de servicios técnicos para o levantamento por topografía clásica de planos parcelarios e altimétricos na zona de Baroncelle (Abadín-Lugo). LU/LT-520.

Orzamento de licitación: 12.756.967 ptas.

Prazo de execución: un (1) ano.

Clasificación: categoría A, grupo 1, subgrupo A.

2.-Denominación do servicio técnico: colaboración de servicios técnicos para o levantamento por topografía clásica de planos parcelarios e altimétricos na zona de Camporredondo (Baralla-Lugo). LU/LT-521.

Orzamento de licitación: 5.953.251 ptas.

Prazo de execución: un (1) ano.

Clasificación: non se esixe.

3.-Denominación do servicio técnico: colaboración de servicios técnicos para o levantamento por topografía clásica de planos parcelarios e altimétricos na zona de Piñeira-Vilaselán Ribadeo-Lugo). LU/LT-522.

Orzamento de licitación: 8.453.616 ptas.

Prazo de execución: un (1) ano.

Clasificación: non se esixe.

4.-Denominación do servicio técnico: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais na zona de Fanoi (Abadín-Lugo). LU/BP-527.

Orzamento de licitación: 5.112.978 ptas.

Prazo de execución: un (1) ano.

Clasificación: non se esixe.

5.-Denominación do servicio técnico: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais na zona de Navallos (Ribeira de Piquín-Lugo). LU/BP-528.

Orzamento de licitación: 4.335.276 ptas.

Prazo de execución: un (1) ano.

Clasificación: non se esixe.

6.-Denominación do servicio técnico: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais na zona de Monte de Trabada (Trabada-Lugo). LU/BP-529.

Orzamento de licitación: 13.419.498 ptas.

Prazo de execución: un (1) ano.

Clasificación: categoría A, grupo I ó A, subgrupo 1 ó 4.

7.-Denominación do servicio técnico: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais na zona de Monte de Vilformán (Trabada-Lugo). LU/BP-530.

Orzamento de licitación: 3.375.558 ptas.

Prazo de execución: un (1) ano.

Clasificación: non se esixe.

Exposición dos proxectos e pregos: os proxectos así como os pregos de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, nos servicios de Contratación e de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación, sita na ronda da Muralla nº 197 en Lugo.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Modelo de proposicións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das catorce horas do vixésimo día hábil, que non cadre en sábado, seguinte ó da publicación desta resolución.

A apertura de proposicións terá lugar ás doce horas do noveno día hábil, que non cadre en sábado, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións e levarase a cabo na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, sita na ronda da Muralla nº 197.

Gasto de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 19 de abril de 1995.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo