Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de contratación directa, da obra: construccións gandeiras e reparación de instalacións anexas na Escola de Capacitación Agraria Pedro Murias de Vilaframil-Ribadeo (Lugo). EX-016.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de contratación directa:

Obxecto: contratación da execución da obra: construccións gandeiras e reparación de instalacións anexas na Escola de Capacitación Agraria Pedro Murias de Vilaframil-Ribadeo (Lugo). EX-016, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para ela.

Orzamento de licitación: doce millóns novecentas trinta e seis mil seiscentas noventa e oito pesetas (12.936.698 ptas.).

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación: non é necesaria.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que

figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou por calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 1 de xuño de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 7 de xuño de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1995.

(Orde 13-12-93)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes