Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.613

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (312/1994).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo executivo 312/1994, que se segue neste xulgado co número 312/1994, se dictou a sentencia, cun encabezado e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, vinteún de febreiro de mil novecentos noventa e cinco. Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co nº 312/1994, no que actuaron como demandante Bankinter, S.A., representado pola procuradora Soledad Sánchez Silva, e asistido polo letrado José María Rego Álvarez de Mon, e como demandado Bolondo S.L., Hilario Ricardo Komba Divany e Begoña Elisabeth Aloy Nguema.

Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer trance e remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Asinado e rubricado.

Para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Bolondo, S.L., Hilario Ricardo Komba Divany e Begoña Elisabeth Aloy Nguema, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o seis de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA