Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.612

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 12 de maio de 1995 pola que se modifica a Orde do 7 de abril de 1994 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios dos corpos, escalas, subescalas, clases e especialidades de persoal sanitario funcionario ó persoal que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 24 de xullo de 1992.

No Diario Oficial de Galicia nº 88, correspondente ó día 9 de maio de 1995, publícase a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, do 2 de maio de 1995, pola que se modifica parcialmente a resolución dese centro directivo do 14 do setembro de 1993 pola que se resolve o concurso-oposición libre para o ingreso nos distintos corpos, escalas, subescalas, clases e especialidades de persoal sanitario funcionario ó servicio da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 24 de xullo de 1992.

Na dita resolución declárase que Pedro Díaz Díaz, María del Carmen Silva Castro e María José Juncal Alves superaron o dito concurso-oposición no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de practicantes titulares, concedéndolles ós interesados un prazo de cinco días hábiles para a presentación de documentos para o seu nomeamento como funcionarios, trámite xa cuberto por eles.

Verificada a concorrencia neles de tódolos requisitos esixidos nas bases da convocatoria levada a cabo pola dita Orde do 24 de xullo de 1992, procede efectua-lo seu nomeamento como funcionarios e publicalo no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Así mesmo, procédese a declara-la obriga do dito persoal de participar na segunda fase do concurso de traslados convocado pola Resolución do 16 de decembro de 1994 (DOG nº 242, do 19 de decembro).

Por todo isto, esta consellería, de conformidade co disposto na devandita lei e normativa que a desenvolve,

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de practicantes titulares a Pedro Díaz Díaz (DNI nº 33.808.709), María del Carmen Silva Castro (DNI nº 35.285.1087) e María José Juncal Alves (DNI nº 35.291.920), modificando, deste xeito, o anexo XVI da Orde do 7 de abril de 1994 (DOG nº 75, do 20 de abril), sen prexuízo da modificación dela xa efectuada pola Orde do 20 de xaneiro de 1995 (DOG nº 46, do 7 de marzo, e corrección de erros no DOG nº 60, do 27 de marzo).

Segundo.-Declara-la obriga dos ditos funcionarios de participar na segunda fase do concurso de traslados convocado pola resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 16 de decembro de 1994.

Para tal efecto, de conformidade coas bases do concurso, convocouse ós ditos funcionarios para elixi-lo destino definitivo o vindeiro día 18 de maio de 1995, ás 13 horas, nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Humanos, sitas en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

Terceiro.-A toma de posesión dos postos de traballo adxudicados realizarase nos termos que prevexa a resolución definitiva do concurso de traslados.

Cuarto.-Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1995.

Xosé Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA