Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se corrixen erros na do 19 de abril de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da obra que se cita (clave: CXC-OH-94-I Cerceda).

Advertindo erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 80, do mércores 26 de abril de 1995,

DISPOÑO:

Primeiro.-Na páxina 3.082, onde di: «Clasificación do contratista, grupo E, subgrupo 1, categoría e», debe dicir: «Clasificación do contratista, grupo E, subgrupo 1, categoría d».

Segundo.-Amplíase, polo tanto, o prazo de presentación de proposicións en 15 días contados a partir da publicación desta resolución no DOG.

Terceiro.-A apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás 12 horas do terceiro día hábil que non cadre en sábado, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións.

A Coruña, 11 de maio de 1995.

P.D. (Orde 30-4-1995)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA