Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.590

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 131/1995, do 20 de abril, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos de: Cenlle; Riós; Rúa de Valdeorras, A; San Cibrao das Viñas; San Cristovo de Cea; San Xoán de Río e Veiga, A.

A Lei de Galicia 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 10 que «os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega». O mesmo artigo establece no seu apartado 2 que lle corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia.

Tendo en conta o Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia, e contando co preceptivo dictame da Comisión de Toponimia, emitido na súas reunións dos días vinte e vintenove de marzo de mil novecentos noventa e cinco, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de abril de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Quedan aprobados os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos que figuran no anexo do presente decreto.

Disposición adicional

Do establecido no presente decreto e do seu anexo daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública