Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 1995 Páx. 3.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO de licitación por poxa con trámite de admisión previa.

1.-Obxecto.

Esta poxa ten por obxecto a contratación das obras de núcleos de enterramento e edificio de servicios en cemiterio municipal.

Forma de contratación: poxa con trámite de admisión previa.

2.-Tipo de licitación: 41.783.218 pesetas, á baixa.

3.-Prazo de execución.

A obra deberase executar no prazo de seis meses, contados a partir da notificación da adxudicación definitiva.

4.-Expediente.

Áchase na Secretaría da Corporación, onde se poderá examinar durante o prazo de presentación das proposicións.

5.-Garantías.

A provisional ascende a 835.664 pesetas, e a definitiva ó 4 por cen do remate.

6.-Presentación de propostas.

Realizarase no rexistro xeral do concello en sobre pechado que deberá lacrarse e precintarse, dentro do prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

7.-Apertura de propostas.

Terá lugar ás trece horas do quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo sinalado para a presentación de proposicións; o acto será público.

8.-Proposicións e documentación complementaria.

8.1. Presentaranse en dous sobres pechados, A e B, que poden lacrarse e precintarse, dentro do prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado. As propostas redactaranse segundo o modelo que se xunta. Os sobres terán que presentar no anverso a seguinte inscrición:

Proposición para tomar parte na poxa das obras de núcleos de enterramentos e edificio de servicios en cemiterio municipal presentada por .............. con domicilio en ............... sito en ..................... de ................ de 19........

(O/A licitador/a)

8.2. No primeiro sobre A, conterase a mesma inscrición referida ó apartado anterior e un subtítulo.

Este sobre A subtitularase «Oferta económica e documentación acreditativa da personalidade e características do contratista». Conterá dita oferta económica, segundo o modelo que se indica, engadindo a documentación que na mesma se especifica:

Don/Dona ...... veciño/a de .........................con domicilio en .................... (rúa/lugar, etc) ................... piso .................. co DNI número .................. expedido en ................. o ................... de .........................de 19...... en plena posesión da súa capacidade xurídica e de actuar, toma parte en nome propio (ou en representación de .................) na poxa das obras de núcleo de enterramentos e edificio de servicios no cemiterio municipal, Pontedeume, segunda fase. Con este fin fai constar que:

a) Ofrece o prezo de ..... pesetas, o que significa unha baixa de ................pesetas, con relación ó tipo de licitación.

b) Declara baixo a súa responsabilidade que non está incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación básica do Estado en materia de contratación administrativa.

c) Remite por separado e fóra dos sobres o documento acreditativo da constitución da garantía provisional para participar na poxa.

d) Coñece e acepta tódalas obrigas derivadas dos pregos de condicións da poxa, que tamén declara coñecer.

e) Posúe o documento de cualificación empresarial número ................... expedido o .... de .... de 19... do que xunta unha fotocopia autorizada. Así mesmo, achega a documentación que acredita que está ó corrente no pagamento da licencia fiscal e das cotas da Seguridade Social.

f) Posúe o documento de clasificación do contratista número.............. do que xunta unha fotocopia á documentación presentada.

g) Declara que cumprirá exactamente as disposicións oficiais que regulan a contratación laboral, a seguridade social e maila protección á industria

nacional e que está ó corrente no pagamento das súas obrigas tributarias.

h) Fixa como domicilio en ....... para os efectos deste contrato, o seguinte nº ......................... piso ............................

i) Une a esta proposición os seguintes documentos xustificadores do exposto.

En ......, ...... de ......de 19....

O/A Licitador/a

9.-O segundo sobre B, coa inscrición referida no apartado 1 desta cláusula, e co subtítulo «Documentación complementaria xustificada para a admisión previa», conterá a documentación seguinte:

9.1. Memoria relativa á experiencia de modernas tecnoloxías vinculadas ó tipo de obra que se vai realizar.

9.2. Plan que se propón pola empresa para a execución da obra, de xeito que asegure a súa total execución no prazo previsto e que comprenderá a correcta programación das obras, segundo diagramas de tempos, actividades e previsións de custos.

9.3. Memoria sobre os medios persoais e materiais cos que conta a empresa. Achegarase ó tempo documentación acreditativa sobre a existencia da maquinaria, vehículos e outros elementos dos que é titular a empresa.

Respecto ó persoal da súa dependencia, a empresa acreditarao cos impresos TC-1 e TC-2 da Seguridade Social. A este respecto será preciso contar cun persoal non inferior ós 15 traballadores.

9.4. Documentación sobre adxudicación das obras ás que se refire a cláusula 2.4 deste prego.

9.5. Memoria xustificativa sobre outros factores análogos ós sinalados na cláusula 2 deste prego, agás o apartado 5. A presentación desta memoria é voluntaria para o contratista.

Pontedeume, 3 de abril de 1995.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde